Lupe Blanco imparte 4 obradoiros de regueifa no Couto durante os sábados de novembro

07:09 03/11/17

Será a brava Lupe Blanco, a nova regueifeira de Bergantiños, a encargada de expandir esta arte oral durante todos os sábados do mes de novembro na Fundación Eduardo Pondal. A Casa dos Veciños do Couto acollerá cada sábado de novembro, a partir das 16:00h, un obradoiro de regueifa aberto á toda a veciñanza, para aprender as técnicas que nos axuden a mellorar a nosa improvisación.
Estará a taberna aberta así que serán como as regueifas de verdade!
A propia mestra espera que saia algún regueifeir@, algún novo bard@, destas xornadas
Novas relacionadas
Máis novas regueifeiras
- O Museo de Asunción abre por regueifa.
- De MZ a Baíñas: Regueifando con Fasido do Ribeiro.
- A Semana Cultural do IES de Baio: Moito máis que regueifa.
- O alumnado de Baio enreguéifase.
- A regueifa sigue viva no IES de Baio
- Coristanco di adeus ao seu último regueifeiro, Guillermo da Rabadeira.
- As Polafías da comarca de Bergantiños chegan ás escolas.
- Asunción Antelo: Coñecendo á voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal.
- E Rosalía tamén rendeu homenaxe a Fermín da Feiranova.
- A regueifa perde a Fermín da Feiranova, o máis antigo dos regueifeiros de Bergantiños.
- E a regueifa convertiuse en arte.
- Os Regueifeiros de Bergantiños volven á Escola e á Universidade.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).