O MACCMO abre as súas portas aos centros de ensino
Continúa o Museo afianzándose como espazo cultural de referencia para todo Bergantiños. Desta volta, abrindo as portas a un grupo escolar, concretamente ao grupo de Historia da Arte e de Debuxo do IES de Ponteceso.
As e os alumnos realizaron una visita guiada por tódalas salas do MACCMO, e aproveitaron para ver a exposición "Facer Camiño" da Real Academia Galega de Belas Artes, que está a piques de rematar e na que puideron descubrir as 23 obras de pintura, escultura e fotografía de 12 dos máis destacados artistas galegos contemporáneos.
Durante a visita, estiveron acompañados polas profesoras de Historia e Debuxo, Emma Alvarellos e Beatriz Fernández, e as e os alumnos puideron facer un percorrido polas esculturas expostas na terraza do museo aproveitando o bo tempo.