O MACCMO acolleu a presentación da reedición do libro de Landín sobre Mourelle da Rúa

  • Xa se pode descargar o libro

Especial fin de semana en Corme, coa presentación da reedición do libro Mourelle de la Rúa, explorador do Pacífico, realizada Amancio Landín Carrasco. Coa colaboración da familia, e o traballo incansable durante máis de dous anos da Asociación Insua de Viastela, sae á luz esta reedición que permitirá que as escolas e bibliotecas da comarca poidan comprobar a importancia do almirante no devir da historia e da xeografía mundial.

A realidade é que o libro xa estaba descatalogado polo que gracias á Asociación e á familia, que contaron co apoio da Deputación, e do Concello, poden saír á rúa centos de exemplares, e pode descargarse tamén na rede.

O Museo de Arte Contemporánea de Corme acollía o simbólico, que contou coa presencia de Alfredo Conde (prologou a presente edición), o fillo de Landín, Amancio Landín Jaraiz, entre outros. A familia de feito quedou encantada co evento e coa reedici{n

Na mesa sentaron Suso Lista, presidente da Asociación; Xose Manuel Varela, membro da asociación e encargado da tradución ao galego; ou María Suárez, outra das grandes instigadoras da recuperación do legado do almirante.

Foi María precisamene a que presentou o acto e contou o traballo da entidade dende o comezo, debullou os atrancos que houbo.

A entidade fixo entrega dun exemplar aos máis de medio cenetenar de persoas que ateigaron o Museo, e enviarán outro aos socios.

Podes descargar o libro aquí.

A entidade xa se pon as pilas en salvar a casa de Mourelle, e en traducir algún outro libro importante para a historia, entre outros proxectos.

 

NOVAS RELACIONADAS