Suso Lista e María Suárez descubren a historia de Mourelle da Rúa polo Bicentenario do seu pasamento
O pasado 5 de marzo aínda estaban perfilando a serie de actos para celebrar a efeméride. Porque o 200 aniversario do pasamento dunha personalidade tan importante como o descrubridor Francisco Antonio Mourelle de la Rúa non acontece todos os anos. Ponteceso declarara o 2020 como Ano Internacional de Mourelle, pero a pandemia levou por diante unha boa marea de actividades artelladas arredor do 24 de maio de 1820, día do seu pasamento en Cádiz.
Pero a historia, pouco recoñecida dun dos navegantes máis importantes da historia marítima internacional. Nado en San Adrián de Corme (porque só había unha parroquia e non había concellos), o 17 de xullo de 1750, necesita que a súa vila recupere o seu nome, a súa lenda, de aí que Suso Lista e María Suárez aproveitaran a data deste 24 de maio de 2020 para baixar ao monolito que leva o seu nome en Corme Porto e dedicarlle unhas palabras.
Suso leu o epitafio que lle quería poñer o fillo e ambos fixeron unha sentida ofrenda de flores.
Pequena homenaxe a Mourelle en Corme. pic.twitter.com/TQb1PmYZub
— Suso Lista (@ListaSuso) May 24, 2020
”De Mourelle hai moito que publicar, non chega unha hora de radio”, facendo referencia aos programas “A Sonora”, na Radio Roncudo, que está subindo recuperando o libro de Amancio Landín, e que abaixo recollemos.
”Viviu 70 anos e non estivo quieto un minuto. Aos 13 anos vaise de Coirme a Ferrol e aos 18 vaise para America, e non volve a españa ata 1790 e pico, cando comeza a participar en míticas batallas”, explica Lista. “É, sen sabelo, un dos creadores da navegación científica, porque non era un conquistador coa espada na manÍa sacando datos, cartografiando a costa sobre como vivían as tribus, anotando todo. Foi, por exemplo, o primeiro en facer a escala e describir un kaiak, fixándose nos que había na época en Alaska, e tamén fixo o propio cos catamaráns polinesios”.
”Aos 45 anos xa tiña feito 20 viaxes oceánicos, algún deles dun ano de duración, tiña moita experiencia do mar. Durante toda esa época, foi recollendo todo nuns históricos diarios que foron recollidos por Barrintong e que foron utilizados por James Cook, o que levou a fama, para ir a Alaska”.
La Fura Dels Baus lembra a Mourelle
A historia cruzou a península, e dende Cataluña, La Fura Els Baus aproveita unha pequena peza de Suso Lista para dedicarnos a todos esta pequena dedicatoria vinculándoa ademais coa “nova normalidade”:
A Sonora, 11 programas na Radio Roncudo e radiONeria para recuperar a súa historia
Chío explicativo: #BicentenarioMourelleenCorme
O 24 de maio de 1820 finaba en Cádiz o navegante Francisco Antonio Mourelle de la Rúa, nado en Gondomil, Corme Aldea (Ponteceso) o 17 de xullo de 1750. Foi o descubridor dalgunhas das illas Tonga. Na documentación francesa e inglesa o seu apelido aparece cambiado por Maurelle. pic.twitter.com/ChgQtlFAOd
— Carlos Rodríguez Pérez (@xcarlosrope) May 24, 2020