Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O MACCMO de Corme acolle as representacións do grupo Xebrescena do libro “Recortes de risa”

presentacion recortes de risa CORME
O MACCMO de Corme acolle as representacións do grupo Xebrescena do libro “Recortes de risa”

Este venres 9 de setembro, ás 20:30h, o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte (MACCMO), en Corme, acolle a representación por parte do grupo Xebrescena de varias obras de teatro incluídas no libro Recortes de risa, publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de José Luis Graña Muíño.

O libro parte das emocións que nos esperta dende un concerto de música ata a lectura dun xornal. “Recortes de risa”, é un conxunto de sete pezas teatrais cómicas inspiradas en sete titulares de prensa. Pezas miúdas, sinxelas de ler, que converten esas noticias curiosas en auténticos enredos cómicos, sempre baixo nomes ficticios, pero en cuxas intervencións dos personaxes se evidencia ese costumismo galego, con rexistros coloquiais, e a presenza constante da nosa retranca galega.

Estas pezas teatrais pasan agora a escena da man do grupo afeccionado Xebrescena, dirixido polo mesmo autor do libro, José Luis Graña Muíño.

Comentarios