luns. 13.04.2026
El tiempo

O MACCMO, pendente dunha nova negociación

Pleno en Ponteceso
Imaxe do pleno en Ponteceso
O MACCMO, pendente dunha nova negociación

O tenso pleno do pasado 8 de abril avaliou a situación do Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte. Un MACCMO pendente dun fío dende hai 6 meses, dende que o Concello de Ponteceso revisou o convenio asinado pola Fundación Torre Pujales e o ex alcalde Xosé Lois Carballido, en xaneiro de 2020. O grupo de goberno popular traía ao pleno así a votación para a declaración de nulidade do devandito convenio, despois de ofrecerlle á Fundación unhas condicións moi diferentes que as actuais para manterse no edificio cormelán.

Cómpre destacar que falamos dun dos catro Museos de Arte Contemporánea en Galicia, o único nun concello pequeno en todo o país, xestionado por un padroado formado por varias mulleres vinculadas á vila de Corme, que ten xerado unha marea de actividade cultural para Corme, para Ponteceso e para a Costa da Morte.

Pero un Museo que certamente se asenta baixo un convenio, asinado polo ex rexedor sen criterios oficiais, que ten visos de nulidade como asegura o informe de Secretaría. De aí que o Concello enviase o convenio ao Consello Consultivo, esperando agora o su dictame para avaliar noutro pleno, despois de que o rexedor, atentendo a proposta de José Manuel Pose Verdes (APIN), finalmente retirase, co apoio unánime da corporación, a moción da orde do día.

Apoio ao MACCMO da oposición

O debate comezou coa posición dos grupos da oposición, que amosaron o seu apoio ao Centro. José Manuel Pose de APIN apuntou que “non entende esta guerra”, e preguntouse se “estorba o MACCMO ou é que hai un asunto persoal” do alcalde. “Hai que chegar a acordos como sexa”, pediu. Pose Verdes e taménFátima Rod. do BNG criticou a falta de vontade de diálogo do rexedor, considerando que “o alcalde tomou a decisión e se puxo a buscar argumentos”, cun procedemento que considera “electoralista”.

Roberto Andrade, de Adiante por Ponteceso, sinalou que quere que “o Museo MACCMO siga na súa sede actual, pero acepta a proposta do alcalde feita ao Padroado do centro”.
Pola súa banda, dende o Partido Galego, como parte do goberno, e como cormelán Juan Vidal, deixou claro que “somos partidarios de que o Museo marche, pero teñen que quedar as cousas moi claras, non como estaban no convenio anterior”.
Interviu tamén o voceiro do PSOE Lois Carballido, lendo unha carta de Kiko Cruz en defensa da Fundación e da padroa Cristina Torre Cervigón.

Nova regociación para o novo convenio

O rexedor José Manuel Mato amosouse firme, pero abre a man para negociar un novo convenio. Asegurou que “o equpo de goberno tenderalle a man a Cristina Torre Cervigón para chegar a un acordo”, pero fixa unhas condicións moi claras. “Nós temos que defender os intereses do Concello. O equipo de goberno non vai ser cómplice dalgunhas cousas que pasan no MACCMO, nin vai ser flexible coas normas que lle formulamos ao MACCMO”.

Dando conta do informe aportado pola Real Academia Galega de Belas Arte (que deu conta das humidades na almacenaxe ou na falta dun inventario), puxo tres condicións claras:

  • O edificio ten que estar compartido, e ofrece agora o 3ª e o 4ª andar para o Museo MACCMO, pero o 1º e 2ª deberán ser compartidos cos usos municipais (o traslado debe ir a cargo da fundación);
  • A Fundación ten que facer un seguro de responsabilidade civil para o continente e para o contenido, é dicir, ás obras (aínda que o convenio indique que a Fundación se fai responsable de todo o que lle acontezan as obras);
  • O Concello pon un técnico de Museos para o centro, pero debe ter capacidade de decisión.

”Non estamos poñendo á Fundación contra as cordas”, aseguro Mato. “Só queremos que cumpla as nosas normas”, e invitou ás mulleres do Padroado a sentarse a negociar de novo.

Máis novas

Comentarios