O presidente da Real Academia Galega de Belas Artes de descubre a maxia do MACCMO
07:41 12/10/21
O presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, estivo onte de visita no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte. Unha visita para coñecer de preto un dos epicentros culturais da comarca de Bergantiños.
Ademais, desfrutou da exposición itinerante "Facer Camiño”, exposición que se pode visitar ata o vindeiro 17 de outubro e é unha ocasión única para desfrutar en Corme da obra de doce dos máis destacados artistas galegos contemporáneos. “Facer Camiños” consta de 23 obras de pintura, escultura e fotografía que asocian a arte contemporánea ao Camiño de Santiago.