Venres. 26.04.2024
El tiempo

O mar tamén para: “Hai 2 anos eramos esenciais e agora estamos moi atacados”

Confraria de Corme
Confraría de Corme
O mar tamén para: “Hai 2 anos eramos esenciais e agora estamos moi atacados”

Día completo de reivindicación en Corme contra a subida dos prezos da enerxía. Se pola noite foi a veciñanza á que saíu á rúa, pola mañá foi o sector do mar o que alzou a voz contra esta situación.

Propuxeron deixar a Confraría baixo míninos (a idea era pechala pero non puideron ao ser un servizo público). Unha acción simbólica para protestar contra o prezo do combustible subvencionado e apoiar ao sector do transporte no seu día de parón.

“Hai 2 anos eramos esencias e agora estamos moi atacados”, denuncian. “Ademais temos cotas e cupos, e non podemos pescar máis aínda que nos custe máis o gasoil”. Chegan mesmo a valorar a idea de parar, porque “de feito, estamos malgastando a cota, e moitos pequenos levamos, temporal tras temporal, case un mes parados. Deberíamos parar para gañar cando sexa máis xusto, pero as familias non poden permitilo. En calquera caso, como siga así non moita solución máis que amarrar a flota”.

A idea do pósito cormrlán era a de prender a chispa. E parece que prendeu porque dende a Federación de Confrarías, que xa tiñan previsto facer algo dende a semana pasada, anunciaban onte un acordo para apoiar a solicitude da Federación Nacional dunha reunión co Ministro de Pesca para poñer “sobre a mesa unha liña de actuacións urxentes e contudentes para paliar os efectos da suba do prezo do combustible”.

Danlle unha semana ao Ministerio e de non acordar unha reunión, facer un paro de toda a flota a nivel estatal a partir do 21 de marzo sen descartar outras medidas de protesta.

Novas relacionadas

Comentarios