Venres. 19.04.2024
El tiempo

Marexada política en Ponteceso con moitas descalificacións pero poucos argumentos

Marexada política en Ponteceso con moitas descalificacións pero poucos argumentos

Apenas 5 meses de lexislatura e a política de Ponteceso xa bota fume. A semana pasada o pleno quedaba literalmente sen oposición, e esta semana o cruce de declaración obríganos a comprimir varias notas de prensa nunha soa nova. Con todo, o único que podemos dicir é que nas notas topamos moitas descalificacións pero poucos argumentos.

Se dende o PSOE denuncian que "o Alcalde só deixa falar 3 minutos, e presentar 3 mocións e 3 preguntas cada dous meses", dende o PP denuncian que "o PSOE de Ponteceso pasou toda a lexislatura anterior durmindo nos plenos e a remolque do que opinaba o BNG e parece que ese sentimento de culpabilidade fai que tornen as cousas".

Sen dende o PSOE sinalan que "os Plenos ás 9 da mañá impiden a presencia dos veciños e veciñas no público", dende o PP apuntan que "todo o que o PSOE non fixo en catro anos , agora queren facelo no pouco que levamos de lexislatura, sen importarlles para nada o que é a lexislación vixente e o regulamento interno do Concello".

Documentación do Concello

Unha das cousas que quere matizar o grupo de goberno é que "non se estea concedendo toda a documentación que contempla a lei para o desenvolvemento da labor de fiscalización sobre o goberno que tén a oposición". Dende o PSOE denuncian que "o Alcalde oculta a documentación solicitada coa excusa de que non ten persoal", pero o PP asegura que "no escrito de contestación remitido polo Alcalde ao voceiro do PSOE de Ponteceso, colgado no blogue do PP de Ponteceso, para quen queira consultalo".

Sobre a oposición

Pero tamén ten palabras o PP para o resto de equipos da oposición. "Tamén é curioso ver como o BNG (e API) agora se volven reféns do PSOE, e son eles os que deixan nas mans do voceiro do PSOE de Ponteceso o peso desta nefasta oposición. API e BNG deberían reflexionar en mans de quen están deixando todo o peso político da oposición", apunta o alcalde popular.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios