Martín Varela rompe barreiras na súa propia escola


Que mellor día para romper novas barreiras que o Día Internacional da Discapacidade. E mentres por Cee celebrabana unha paraugada, por Corme, Martín Varela acodía á súa propia escola, o CEIP As Forcadas de Corme, a contarlle a súa experiencia aos seus peque-veciños.
Ten dado centos de charlas o deportista cormelán, pero nunca o fixera na súa propia escola. Toda unha experiencia para o presidente da Asociación Vidú como para os rapaces cormeláns, que non pararon de facerlle preguntas.
Martín falou de deporte inclusivo, e demostrou que con esforzo, dedicación e moita ilusión se pode chegar onde un queira. Todo un exemplo de superación, chegando dende esta esquina do mundo ata o máis alto do mundo do tenis en cadeira de rodas.
Que mellor xeito de aprender a superar as barreiras, que cun veciño coma el.