Nova xornada de accidentes na comarca
Despois da vaga de accidentes das pasadas semanas, as estradas da bisbarra seguen rexistrando sucesos. Este martes 20 de agosto as de Ponteceso e Cee foron as protagonistas.
En Ponteceso, un home resulta ferido tras envorcar o tractor que conducía pola estrada de Langueirón. Eran arredor das 20:30h, e o 112 avisou ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Carballo. Tamén, os xestores de emerxencias, informaron dos feitos aos axentes de Tráfico, da Policía Local de Ponteceso e aos efectivos do GES e de Protección Civil da localidade.
Finalmente, o home estaba no interior da cabina do vehículo pero que non estaba atrapado. Os profesionais sanitarios puideran evacualo polo portón de atrás da máquina coa axuda dunha padiola de palas para trasladalo en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Ademais, en Cee, na Avenida Fisterra, un novo alcance mandou a unha nena, por precaución, ao Hospital.
Novas relacionadas
- 15-08-19: Excarcerada unha persoa tras sufrir un accidente ao seu paso por Bértoa, Carballo.
- 12-08-19: 4 novos accidentes en dous días en Dumbría e atropelo dunha menor en Carnota.
- 10-08-19: Un motorista ferido tras un accidente en Lira.
- 09-08-19: Identificado o condutor que subíu ás redes sociais un vídeo a 200km/h por Ponteceso.
- 07-08-19: Dúas mulleres falecen en sendos accidentes en Malpica e Cabana.
- 06-08-19: Dous feridos tras un novo accidente en Camariñas.
- 05-08-19: Dous falecidos e catro feridos nun grave accidente en Outes e outro ferido en Esteiro.
- 26-07-19: Dous novos accidentes en Ponteceso e Malpica para facer un total de 8 en menos dunha semana.
- 23-07-19: 4 novos accidentes e a Garda Civil buscando ao mozo que ía a 200km/h por Ponteceso.