Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O CSIF denuncia as “mentiras e enganos” do alcalde de Ponteceso en materia laboral

O CSIF denuncia as “mentiras e enganos” do alcalde de Ponteceso en materia laboral
Lois Garcia Carballido alcalde de Ponteceso Lois Garcia Carballido, alcalde de Ponteceso

Cada vez máis complicado pónselle o asunto laboral ao alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido. Despois dos últimos cruces de declaracións, salta á palestra a Central Sindical Independiente e de Funcionarios (CSIF), como organización sindical máis representativa e con máis representación no Concello de Ponteceso (co 100% en Persoal Funcionario, 1 delegado de 1, e 80% en Persoal laboral con 4 delegados de 5 no Comité de Empresa). E sae á voz pública para denunciar que o alcalde, “unha vez máis minte e intenta enganar á xente”, destacando que “non se trata dun conflito provocado polos traballadores.

Sinala o sindicato que “o desenvolvemento e transcurso da Mesa de Negociación realizada o pasado xoves, con presenza dos sindicatos CSIF e CCOO, en nada se parece ao difundido por el, non entendemos si por un afán innegable de protagonismo ou simplemente por continuar co acoso e persecución aos traballadores que leva realizando desde que accedeu ao cargo”. Recorda o CSIF que o alcalde “nunha negou esa persecución, pois ata recoñecía que non contaba con eles porque entraran co goberno anterior, que nunca fixeron nin valeron para nada, etc.”.

Dende a destacan como o ataque máis importante sufrido polos traballadores “o intento de apertura, tras un escarnio público dun expediente á Secretaria Municipal e Delegada electa de Persoal Funcionario”. “Demostrouse que non tiña nin pés nin cabeza pois se arquivou, aínda que o dano xa estaba feito”.

Falan tamén das “instrucións e ordes presuntamente ilegais recibidas pola Policía Local e das cales houbo que dar coñecemento á Subdelegación de Goberno”, ou do “intento de presionar ao Presidente do Comité de Empresa ofrecéndolle a compañeiros deste o seu posto”. Aseguran dende o sindicato que foron máis os ataques ao persoal do Concello, por exemplo aos do GES ou de axuda a domicilio ou “co intento de modificar sustancialmente as condicións de traballo da Normalizadora”.

Así, dende o CSIF queren incidir en varios puntos:

  • As Mesas de Negociación, é un dereito, dos poucos que quedan, que teñen recoñecido os empregados públicos, e o resto de traballadores, e está recollido na Lei, neste caso o Capítulo IV da Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público, e onde di textualmente: “Ambas partes estarán obrigadas a negociar baixo o principio da boa fe”.
  • Esta boa fé “demóstrase” por parte do Sr. García Carballido cando na primeira Mesa aporta unha proposta súa e sen consensuar. Posteriormente, onte, nesta 2ª Mesa, CSIF presenta as súas propostas e alegaciones e o Alcalde non acepta NINGUNHA delas. Pero minte de novo cando di que: “aceptouse que determinados postos, secretaria e interventora, traballaran vos xoves no canto de ou luns pola tarde”, basicamente porque non se fixo esa proposta así por parte de CSIF, xa que, os luns, como ben sabe o Sr. García Carballido, ambas funcionarias traballan igual, xa que teñen asistencia a órganos colegiados do Concello, parece claramente outra provocación.
  • Intenta enganar, e volve mentir, cando afirma: “ainda así pagáronse vos trienios”, cando sabe perfectamente que estaba xa recoñecido polo goberno anterior, e recolleito na Lei e na Xurisprudencia, co cal, que non amenta, que estaba obrigado a pagalos, non é que fixese ningún favor a ninguén.
  • Para rematar, atrévese a dicir: “eu non cobro do Concello e tamén estamos operativos 24h”. Que pretende dicir? que el, que segundo é público e notorio, é funcionario de Educación e cobra de Educación, está usando o tempo que debería usar para o seu traballo en Educación en atender o Concello? Iso, se fóra así, presuntamente, é unha fraude de xeito evidente”.
 

Fonte

  • CESIF.

Comentarios