Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O deficiente servizo de Autobuses da Costa da Morte pendente dun fío

O deficiente servizo de Autobuses da Costa da Morte pendente dun fío

Hai apenas un par de semanas anunciabamos 2 liñas máis nos buses de santiago a Fisterra con Vázquez. Unha nova que pode quedar eclipasada en breve, se son verdade as novas que prantexam os responsables de Transporte da CIG. Segundo Indalecio López Rodríguez, dende Carballo, "Autocares Vázquez, unha das 3 empresas concesionarias do servizo de transporte da zona, está barallando a venta das liñas da Costa da Morte que actualmente ten en calidade de concesión". Unha venta que podería afectar aos xa escasos servizos das liñas da bisbarra, como ocorreran hai 5 anos trala segregación de Arriva, que custou unha caída dun 50% nos servizos.

Segundo a CIG Transporte de Carballo, apunta que "a empresa quere vender a concesión en dúas partes: vender primeiro as concesións escolar, a que en principio lle sae rentable e a que lle obriga a manter as deficitarias liñas comerciais, e despois vender as liñas propiamente ditas".
A venta, segundo apuntan, podería ser para unha nova empresa "Ruta Bus Noroeste".

Iso si, polo de pronto "son só rumores", apunta Indalecio. De feito, o pasado venres mantiñan unha xuntanza cos traballadores da empresa, pero "non se sabe nada".

Dende a CIG amenazan "con levalo á fiscalía" ao tempo que denuncia que hai exemplos moi drásticos: "De Camariñas a Cee xa non hai liñas sábados e domingos", denuncia.

Máis queixas

Non é a única queixa que chega sobre o cutre servizode transporte colectivo, que xa non público. Por exemplo en Corme a Asociación de Veciños "Eduardo Pondal" de Corme "quere amosar o seu malestar polo incumprimento sistemático dos horarios por parte da concesionaria do servizo de transnporte público Corme-A Coruña".

Teñen comprobado non só que os buses da mañá (a intempestiva hora das 6:45h) soe saír con 10 minutos de retraso; se non que ademais, o bus que vén da Coruña, se non ten pasaxeiros para Corme, xa non vai ata a vila para recoller os posibles pasaxeiros que estean esperando para ir á vila herculina, cos danos económicos, e de tempo, que esto pode causar.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios