Presentado o novo cartel do Festival Con V de Valarés con moito pop e electrónica

11:33 14/02/11

Xoel á cabeza
I é que nada menos que Xoel López, un dos músicos galegos máis recoñecidos internacionalmente, será o cabeza de cartel. O coruñés mantén ademais unha relación especial coa Costa da Morte pois fora en Ponteceso aló polos 90 o seu debut nos escenarios. Como apuntan dende Valarés, un vídeo vale máis que mil palabras:Electrónica para bailar
E se por algo se poderá lembrar o festival será polo baile. I é que serán varias as bandas que farán bailar a comunidade costeira. Como Fiumichino, lexendario coruñés para todo (dj, produtor, músico) que traerá o seu excéntrico Indie-pop electrónico. Tamén estará Marta Fierro, ou máis coñecida por EME Dj, para relaxar un pouco o ambiente, pero sempre con bases electrónicas. Estes días os colectivo Con V de Valarés seguirá informando e nós manterémosvos a tanto das novidades. I é que hai 3 grupos máis para a noite e como novidade, haberá sesión de tarde, con outras 3 bandas de balde nun novo espacio aberto.O Nordestazo tamén quenta motores
Por Malpica tamén comezaron coas primeiras contratacións de cara ao Nordestazo Rock 2011. Os primeiros nomes son Hora Zulú, banda metalera granadina, e Recambios Tucho, banda liderada por un ex dos Heredeiros da Crus.Máis información
Novas relacionadas
- Nace a primeira Escola de Dj da Costa.
- ConVdeValarés 2010: As guitarras tomaron Valarés.
- Nordestazo 2010: O Nordestazou fixo tremer o porto de Malpica.
- A Axenda Sonora da Costa da Morte xa dá guerra polo Facebook.
- Noite Sonora para os festivaleiros da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal ).