Venres. 30.09.2022
El tiempo

O percebe, en imaxes

O percebe, en imaxes
Moitos de vos de seguro que andivéchedes por alí... polo que sobra dicir que na XXII Festa do Percebe do Roncudo, celebrada o pasado sábado 12 de xullo en Corme, se venderon máis de 2000 racións deste prezado marisco, que houbo moita máis xente que en edicións anteriores, que os coches chegaban ata Corme Aldea, que o físico baiés Jorge Mira se encargou de ler o pregón e que este ano a organización fixo actividades para todos os públicos: talleres infantís, exposición fotográfica, unha orquesta e un DJ. Así que, como sobran as palabras, vexamos en imaxes como foi a Festa do Percebe:

comentarios