Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PSOE de Ponteceso denuncia un desfase orzamentario de 7 millóns de euros

O PSOE de Ponteceso denuncia un desfase orzamentario de 7 millóns de euros

Graves as acusacións do PSOE de Ponteceso ao asegurar que a "acumulación de débeda é unha bola de neve que medra ano a ano e, se non se para, levará á quebra total do Concello”. O PSOE asegura que o alcalde “inflou artificialmente e de forma sistemática”, as previsións de ingresos por licenzas de obra, para “poder ter unha capacidade de gasto non autorizada” e manter “os soldos políticos máis altos de España para un concello de 6.000 habitantes”.

Denuncia así que o alcalde da localidade, José Luis Fondo, "provocou un desfase de 7 millóns de euros nas contas municipais, inflando artificialmente a previsión de licencias de obra".

Segundo denuncian os socialistas, "nos últimos seis exercicios (2006-1012), o Concello de Ponteceso orzamentou ingresos no capítulo II, por concepto de ingresos por licenzas de obras, por un importe global de 8 millóns de euros, mentres que tan só recadou un millón de euros nese periodo". Os números que presenta o grupo da oposición son os seguintes:

AnoIngresos previstos no orzamento Recadación neta á hora de elaborar o orzamento
20121.791.000--
2011607.39044.730
2010527.63369.418
20091.213.50055.560
2008845.76295.332
20071.616.236254.155
20061.479.633370.918
2005--259.187
TOTAL8.081.1541.149.300
DESFASE ORZAMENTARIO6.931.854 euros

E o PSOE explica as cifras: "As cifras da columna da esquerda reflicten o que o alcalde de Ponteceso orzamentou como ingresos previstos por licenzas de obra nos últimos sete anos. A columna da dereita reflicte a recadación real do ano anterior no momento de elaborar o orzamento, números que Fondo Aguiar tiña sobre a mesa cando elaborou cada un dos orzamentos do municipio. Como se pode apreciar, as previsións son absolutamente desproporcionadas sobre os ingresos do ano anterior e, mentres a recadación diminúe sistemáticamente, ano tras ano, as previsións increméntanse sen base ningunha".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.

Comentarios