Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Teatro cumple 25 anos en Ponteceso

O Teatro cumple 25 anos en Ponteceso
Presentacion do Ciclo de Teatro de Ponteceso Presentacion do Ciclo de Teatro de Ponteceso Falamos moito estes meses de outubro e novembro de teatro. Moitos son os concellos que apostan pola programación teatreira, e un dos que máis tempo leva é o Concello de Ponteceso. Onte celebraba a presentación do 25 aniversario do Ciclo de Teatro de Ponteceso. Unha demostración de compromiso cultural que chega ademais cun bo feixe de novidades. A técnica de Cultura, Mely Amado, estivo acompañada do alcalde, Lois García Carballido, ademais de varios representantes das compañías que actuarán todos os sábados de novembro no Edificio das Escolas: Artur Trillo por Talía Teatro; Cándido Pazó e Alba Bermúdez por Contraproducións; e Gustavo del Río, por Os Náufragos Teatro. Quedou a foto ben xeitosa, con todos os carteis anunciadores do programa durante estes 25 anos. Unha das singularidades é que unha das obras que se representou na primeira edición, repite. Falamos da renovada Commedia, dirixida por Cándido Pazó. Pero a actuación máis especial de Contraproducións no Ciclo será cos Fillos do Sol, xa que foi un encargo do FIOT e da Fundación Eduardo Pondal para conmemorar o centenario da morte do bardo. A protagonista Alba Bermúdez, ten raíces de Ponteceso, así que todo queda na casa. Se a compañia Os Náufragos debuta en Ponteceso, a costeira Talía Teatro non falla, agradecendo a labor da xente que se preocupa pola cultura na vila de Pondal.

Proxectos: Un auditorio e un grupo de teatro

A presentación serviu para anunciar que o Concello traballa na construción dun auditorio. Ademais apuntaron que está en marcha a creación dun grupo de teatro de adultos que canalice o talento creado en tantos anos de escola.

Café cos protagonistas

Este ano, coma novidade, haberá encontros entre actores e público todos os sábados pola tarde, antes das funcións. Serán xuntanzas abertas para que os espectadores poidan intercambiar impresións coas compañías e coñecer o mundo da escena un pouco máis de preto.

Detalles

25 Ciclo de Teatro Ponteceso 2018 . As funcións celebraranse todos os sábados ás 22.30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas. As representacións serán as seguintes:
  • O sábado 3, a compañía encargada de inaugurar o certame será Talía Teatro, trae unha revisión do clásico “O servidor de dous amos”.
  • O sábado 10 correrá a cargo de Contraproducións, que presentará “Os fillos do sol”, unha elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que centrou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.
  • O sábado 17, tamén Contraproduccións traerá “Commedia”, unha peza que cumpre tamén 25 anos sobre os escenarios.
  • E xa o sábado 24, a compañía coruñesa Os Náufragos porá o broche de ouro ao certame coa súa carta de presentación, “Castrapo”, unha proposta actual e próxima ao espectador que narra a viaxe ás orixes, ás raíces.
. A venda de entradas realízase xa na oficina de Tesourería, na Casa do Concello. As persoas que adquiran aquí as súas entradas terán vantaxes á hora de acceder aos espectáculos. O prezo é de 3,06€. . Cada semana sortearanse 5 entradas: 2 entre as persoas que acudan aos encontros cos actores e 3 a través do Facebook do Concello, contestando a unhas preguntas moi sinxelas que se formularán os mércores.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carnota-laxe-e-ponteceso-lanzanse-ao-teatro-por-outono/

Comentarios