Os socialistas de Ponteceso fan un repaso á situación económica e critican os soldos
09:17 01/08/11
O grupo municipal do Partido dos Socialistas de Galicia - PSOE de Ponteceso vén de repasar a situación do Concello en canto á economía, facendo un especial fincapé nos soldos da corporación.
Os socialistas criticaron que o alcalde pasara a percibir 49.000 euros ao ano, “sendo o alcalde coa retibución máis alta de toda a Costa da Morte malia ao tamaño do noso concello, con menos de 6200 habitantes”. O PSOE tamén critica que todos os concelleiros perciban retribucións.
Para os socialistas, os feitos non coinciden cun Real Decreto que propagaba medidas extraordinarias para a diminución do déficil público, cunhas medidas de axuste para distribuir do xeito máis igualitario posible, o esforzo a desenvolver para a sustentabilidade das finanzas públicas.
Outra das cousas que critican é “a omisión de créditos para o cumprimento de obrigacións esixibles”. Os socialistas consideran que, de aprobarse definitivamente o orzamento, “omite créditos suficientes e necesarios para o pago de numerosas facturas pendentes ocultas en distintos caixóns dos despachos e as oficinas municipais”.
Hai máis críticas no terreo económico por parte do bando socialista pontecesán, como os parámetros de aforro neto e estabilidade orzamentaria, os cales cuestionan, ou a falla de liquidez.
Ante esta análise, os socialistas piden unhas remuneracións “xustas e equilibradas” acordes co tamaño do concello pontecesán, e que se teña en conta a situación financeira actual do ente local.
Novas relacionadas
- APIN solicita minimizar o impacto das obras en Ponteceso.
- Corme non cansa de loitar pola TDT.
- Morre un home en Corme logo de emborcar a súa embarcación.
Fonte
- Nota de prensa do PSOE de Ponteceso.