![Avenida Eduardo Pondal de Ponteceso]()
A Agrupación Pondaliana Independente presentou nas últimas horas a través do seu único edil no Concello, unha solicitude para a minimización do impacto nos cidadáns das
obras de recollida de pluviais e augas residuais que están a ter lugar na Avenida Eduardo Pondal da capital municipal.
Segundo APIN, “estanse a producir
prexuizos e molestias aos negocios e aos veciños de dita avenida”. Deste xeito, os Independentes piden a presenza da policía local no cruce da estrada de Malpica e no cruce da Ferradura, “principalmente en momentos en que o semáforo instalado non é suficiente para regular o tráfico”.
Por outra banda piden que, unha vez remate a xornada de traballo, o camión de bombeiros municipal regue a obra coa fin de evitar que o pó afecte aos negocios e vivendas da avenida.
Para rematar, APIN solicita que a empresa coloque chapas de ferro para reducir o grao de ruido e eliminar riscos de cara á circulación do tráfico.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da Agrupación Pondaliana Independente.