Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Os trasn@s preparan a segunda etapa do Camiño dos Faros cun límite de 500 participantes

Os trasn@s preparan a segunda etapa do Camiño dos Faros cun límite de 500 participantes
Unhas 700 persoas participaron na primeira etapa da sexta edicion do Camino dos Faros Unhas 700 persoas participaron na primeira etapa da sexta edicion do Camino dos Faros. Imaxe: Antonio González Franco "Non está no noso ADN facer isto, pero vémonos obrigados a limitar a 500 o número de participantes da 6ª edición do Camiño dos Faros a partir da segunda etapa que será o vindeiro tres de abril". Son varias as razóns que levan aos organizadores deste evento a poñer límite nas súas convocatorias - na primeira etapa deste ano participaron 700 persoas - se ben a conservación da natureza é unha das máis importantes. Un dos principais valores que defenden os trasn@s é o "máximo respecto á natureza". Tendo en conta que esta edición se celebra en plena primavera, mes por excelencia da natureza, o paso de centos de persoas de xeito incontrolado pode alterar o ciclo biolóxico das especies que habitan na contorna. Ademais da conservación da natureza, outras das razóns polas que os organizadores se ven obrigados a poñer un límite de participantes é a seguridade. Ainda que, a priori, o Camiño dos Faros non é perigoso o participante pódese atopar con trabas no caso de que non leve a equipación axeitada. "Hai xente que non le as recomendacións nin sabe moi ben onde se mete... e un 10% de participantes aparece con zapatillas de deporte", sinalan dende a organización. Tal e como informan na páxina oficial, os organizadores vense obrigados a poñer este límite de participación co fin de que "o Camiño dos Faros exista tal e como o deseñaron os trasn@s e que o faga moita xente co máximo respeto á natureza". Como participar Para participar nas restantes sete rutas desta edición é obrigatorio cubrir o "Pliego de Descargo" dispoñible na páxina web do Camiño dos Faros e, unha vez cuberto, ingresar 35€ correspondentes ás sete rutas nas seguintes 48 horas na conta da organización (ES25 0081-2186-89-0001137814), facendo unha única transferencia por participante e poñer o nome no concepto da transferencia. Isto dá dereito a participar nas etapas, aos traslados en bus e ao seguro correspondente. Os interesados en participar deben anotarse canto antes xa que o mércores había 300 persoas confirmadas. O que non estarán limitadas serán as pre-etapas, que se celebran o sábado na vila dende a cal se inicia a etapa ao día seguinte.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios