Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Óscar de Souto, candidato de UCIN á alcaldía de Ponteceso

IMG-20230303-WA0027
Óscar de Souto, candidato de UCIN á alcaldía de Ponteceso

Presenta esta tarde o grupo UCIN, unha das 7 listas que haberá na carreira electoral de Ponteceso, o seu candidato. O poeta Óscar de Souto dá o salto á política.

O grupo denuncia a "situación bochornosa na que se atopa non só o des-goberno local senón a desbandada que se orixinou nos
vellos e rancios partidos da oposición, cuestións que poñen en situación crítica a moitas das necesidades básicas propias de
calquera municipio".
"Ante este caos xenerado polo propio Alcalde actual e debido a todo o que xa se filtrou na prensa nestes últimos catro anos de nefasta lexislatura os veciños de Ponteceso conformamos unha candidatura “nova” con “novos nomes” e cunha aspiración moi
clar : botar con b a ese Alcalde, que non fai de Alcalde, do seu posto no consistorio"

Lamentan problemas eternos como a "Falta de aparcamentos, anegamentos do centro da vila, abandono total das parroquias, esquencemento da importancia de Corme como parte importante do municipio, cortes constantes de luz, ruidos nocturnos innecesarios por falta de vixilancia nas fins de semana, arranxar e modernizar os cubos e o malecón, e un millar mais de queixas veciñais que ninguén tivo o valor de afrontar nesta lexislatura que xa vence, e ninguén foi quen de resolver nos últimos 30 anos de despotismo político na Casa do Concello".

Aproveitan para criticar a política de redes sociais do "Alcalde Tik Tok" e as súas constantes saidas en prensa , fotiños, videos e demáis propaganda non van a valer de nada nas municipais de maio de 2023 porque os veciños saben todo o que “NON fixo” e saben tamen todos os lios que tivo con compañeiros de goberno e de partido, policia local, Ges Ponteceso, funcionarios e encontronazos moi graves con membros da oposición que, ata expulsou do pleno. Escoitas e audios con chanchullos varios onde claramente se escoitou a
voz do Señor Carballido falando de facturas e de amaños impropios dun líder municipal".

Polo tanto o grupo considera que “a cada porquiño lle chega o seu San Martiño”.

Comentarios