Mércores. 24.04.2024
El tiempo

7 candidaturas albíscanse para as Eleccións Municipais de Ponteceso

Pleno sen concelleiros en Ponteceso
Un pleno sen concelleiros celebrado en Ponteceso
7 candidaturas albíscanse para as Eleccións Municipais de Ponteceso

Quedan 5 meses e medio para as eleccións municipais do 28 de maio de 2023. A carreira xa está en marcha e hai unha serie de concellos onde a vida poítica está a formar parte de todas as conversas. Así acontence en Ponteceso onde o devir da realidade política provoca ata vergoña en boa parte da súa veciñanza.

Plenos esperpéticos cheos de insultos, cunha corporación que non se fala, outros plenos sen concelleiros, edís expulsados dos propios partidos, tramas e escoitas ilegais coa implicación directa de medios de comunicación, autodenuncias municipais, axudas perdidas por falta de cohesión; mocións de censura infrutuosas, a política realizada a través das redes sociais, festas anuladas por unanimidade

Estes últimos 4 anos da vida municipal pontecesá darían para un libro, por iso sorprende que haia xente disposta a “baixar o barro” (este si que é lama pura e non a de Riazor…). Pero o alto número de candidaturas multiplica o número de persoas que teñan que ir nas listas, de aí que a carreira por “fichar” sexa tan axitada.

4 candidaturas repetidas, e dúas novas

O actual rexedor, o gran responsable do esperpento municipal tralos seus 8 anos de goberno (os 4 últimos con maioría absoluta, desaproveitada tras expulsar a 5 dos seus propios edís), Lois Carballo, volverá ser o candidato do PSOE.
Outro que segue é José Manuel Pose Verdes, a fronte de APIN (aínda por ver se con SON ou sen SON), tras moitos anos dunha oposición moderada pero firme.

Entre as caras novas atopamos a de Fátima Rodríguez como candidata do BNG, presentada o pasado xuño.
En outubro coñecíamos a nova faciana do PP de Ponteceso, José Manuel Mato, tras moitos meses de leas no seo do grupo popular. De feito, as dúas actuais concelleiras do PP, Marta Carrillo e Ana Vecino, ratificadas hai apenas un ano pola dirección provincial como responsables da Xestora popular, que non formarán parte da nova lista dos populares e van analizar quen son os resposanbles das novas candidaturas para ver se poden "seguir defendendo o mellor para Ponteceso”.

Unha desas novas propostas será a Agrupación Adiante por Ponteceso comandada por Roberto Andrade, funcionario de Xustiza e representante sindical de SJP-USO.

Unha das sorpresas da precampaña é a irrupción do grupo UCIN que se presenta co poeta Oscar de Souto como candidato.

Dende hai meses xéstase outra candidatura, unha Agrupación Veciñal asamblearia, que precisamente onte celebraba unha importante xuntanza na que finalmente pospuxeron a elección do seu candidat@. Unha Agrupación decidirá presentar unha lista absolutamente incólume, sen ningunha vinculación política anterior.
Veremos cal vai ser o papel dos concelleiros non adscritos, tanto os expulsados do PSOE como do PP, nesta sopa de siglas.

 

Máis novas das Eleccións

Comentarios