Xoves. 25.04.2024
El tiempo

UCIN, a posible sétima lista para as eleccións de Ponteceso

UCIN Galicia
UCIN, a posible sétima lista para as eleccións de Ponteceso

Xa tiñamos 6 candidaturas preparadas para saír ás eleccións municipais en Ponteceso. Pois aínda poderíamos sumar unha máis, despois de que Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) avise que está en contactos coa veciñanza para sacar adiante unha lista.

O grupo coordinado a nivel galego José Luis Calo ten incidencia en Concellos como Ames, ademais doutros do estado, busca “traballar pola xente e aglutinar novas propostas que representen un proxecto verdadeiramente municipalista”. O propio Calo recoñece, en castelán, que “a localidade de Ponteceso necesita algo novo e cercano á veciñanza. Todos poden aportar e sumarse a un proxecto no cal nos apartamos de ideoloxías, as cales deben quedar a parte. Non cremos en siglas, cremos en persoas”, sinalan mentres buscan candidat@ que teña liberdade para xestionar a cidade “fronte ás estruturas xerárquicas e pechadas dos partidos actuais”.

Máis novas das Eleccións

Comentarios