Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Piden explicacións ao PP de Ponteceso pola imputación do seu concelleiro por matar a un can

Piden explicacións ao PP de Ponteceso pola imputación do seu concelleiro por matar a un can

Sabemos de primeira man que o Concello de Ponteceso ten unha preocupación especial polos animais abandonados. Así o temos vivido a través da iniciativa de Salvacadelos, onde o mesmo teniente alcalde tense posto en contacto con nós para salvar, polos procedementos correctos (algo pouco habitual nos concellos da volta) a vida de ducias de animais abandonados.

Pero a semana pasada o PP pontecesán víase salpicado pola imputación, pola Garda Civil, do seu concelleiro José Pose Facal, por suposto maltrato animal. A Garda Civil, a raíz dunha denuncia dun veciño, imputou ao concelleiro, por ser un dossupostos culpables matar a un can (o do denunciante) cunha escopeta.

Facal asegura que el non foi.

Hoxe aproveita o PSdeG-PSOE de Ponteceso para esixirlle ao alcalde, José Luis Fondo, que ofreza “explicacións inmediatas” acerca da imputación do edil do PP e segundo tenente de alcalde da localidade, José Pose Facal, por matar un can a tiros o pasado 2 de marzo na estrada de Valarés, segundo recollen os medios de comunicación locais.

O voceiro socialista, Lois García Carballido, demanda ao rexedor que “confirme ou desminta” as informacións publicadas nos últimos días con respecto a estes brutais feitos e critica “o silencio do alcalde diante dunha acusación tan grave, que deixa en moi mal lugar ao goberno local e ao Concello de Ponteceso, pois este tipo de comportamentos son idignos de calquera persoa civilizada, pero son aínda máis graves se o acusado é un representante público en exercicio”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios