Xoves. 19.09.2019
El tiempo

Polo San Martiño, só en Ponteceso salta o peón ao Camiño

Polo San Martiño, só en Ponteceso salta o peón ao Camiño

Xa o di o refraneiro popular: "Polo San Martiño, salta o peón ao camiño". Si, si, non só os porcos son protagonistas no San Martiño. En Galicia tamén o peón quere aparecer nos xornais para amosar a recuperación histórica deste xogo popular.

I é que a recuperación etnolúlica está sendo algo no que poucos se fixan. Un é o Concello de Ponteceso, que ademais de apoiar a creación do museo do xoguete, artella o II Festival Festipopeóns, sendo esta a única proposta que nos chega en clave de xogo para o San Martiño 2012 na bisbarra.

Así o domingo 11, dende as 11:00h, a zona do Centro Cultural estará invadida polos peóns.

Manifesto polo día do Peón

Por toda Galicia leva anos a entidade Brinquedia, Rede Galega de Xogos Tradicionais, intentando recuperar os xogos, a cultura lúdica galega. Este é o seu manifesto polo Día do Peón.

Manifesto polo Dia do Peon de Brinquedia

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios