Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Perigosos tiradores tomaron Ponteceso

Perigosos tiradores tomaron Ponteceso

Fantástica proposta de recuperación do patrimonio lúdico en Ponteceso. O I Campionato de Tirabalas, organizado polo Museo Etnolúdico Galego do Concello de Ponteceso enfrontaba a 38 perigosos tiradores bergantiñáns. Se ben tan só 23 conseguiron puntuar, todos disfrutaron dunha xornada divertidada e comprometida coa nosa cultura. Pero é que o frío atenazaba a puntería.

E iso que había tiradores de todas as idades. A máis nova foi unha cativa de 3 anos, e o máis veterano foi un veciño de 68 anos. Se ben había 6 categorías, faltaron os de sempre, os adolescentes e non houbo ningún tirador de entre 17 e 2 anos, se cadra durmindo a resaca da noite anterior...

A entrega de premios foi ben emotiva, non só polos responsables da mesma (o alcalde Fondo Aguiar, a Concelleira de Deportes Mar Durán e o Patrón da Fundación Eduardo Pondal Xosé María Varela), senón polos orixinais premios. As medallas e as preseas habituais completáronse cun xamón, un colar de chourizos e unha paletilla...

Tralo éxito deste primeiro campionato, o Museo seguro que repite, pero mentres, participantes e veciños poderán disfrutar das fotos da xornada durante esta semana no Centtro Cultural de Ponteceso.

Clasificación Absoluta

  • CARLOS ANDRADE CASTRO (42 PUNTOS).
  • ÁNGEL PÉREZ VERDES (31 PUNTOS).
  • ELISEO PÉREZ (26 PUNTOS).
  • JUAN RAMÓN SOUTO (25 PUNTOS).
  • ALEJANDRO FERREIRO (14 PUNTOS).
  • ERNESTO VENTURA VIDAL (9 PUNTOS).
  • ÁNGEL PÉREZ DUARTE (6 PUNTOS).
  • VICTOR M. CORES VÁZQUEZ (6 PUNTOS).
  • IGNACIO PÉREZ GONZÁLEZ (5 PUNTOS).
  • GENEROSO GARCÍA PÉREZ ( 3 PUNTOS).

Clasificación Categorías inferiores

  • IVAN FONDO GARCÍA (8 PUNTOS).
  • BRAIS SOUTO MARTINEZ (2 PUNTOS).
  • CLARA GONZÁLEZ POSE (2 PUNTOS).
  • CARMEN GIADAS GARCÍA (1 PUNTO).
  • ANTÍA SOUTO MARTINEZ (1 PUNTO).
  • IAGO PENA (1 PUNTO).
  • PAULA GONZÁLEZ POSE (1 PUNTO).
  • JONATHAN CERDEIRO FDEZ (1 PUNTO).
  • ESTHER MARTINEZ MUSI ( 1 PUNTO).
  • AGUIMON R.DA COSTA NETO (1 PUNTO).
  • CESÁREO GARRIDDO PENA ( 1 PUNTO).
  • ELOY J.GONZÁLEZ VARELA (1 PUNTO).
  • LUÍS PENA GARCÍA (1 PUNTO).

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

Comentarios