Luns. 29.04.2024
El tiempo

Pondalianas polo mundo, edición Bélxica

IES Eduardo Pondal en Ponteso en Belxica
Pondalianas polo mundo, edición Bélxica

Canto nos gusta contar as viaxes que a rapazada dos IES da Costa da Morte se pega por Europa adiante, porque consideramos que aprenden máis nestas viaxes nunha semana que en varios meses no centro. Desta volta, collemos o avión co alumnado de Francés de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, que como vén sendo habitual nos últimos anos, realizou unha viaxe de inmersión lingüística a Bélxica, organizada polas profesoras dese Departamento.

Durante cinco días, os rapaces visitaron as vilas de Bruxas, Gante e Bruxelas. Na capital europea, ademais de probar os seus típicos gaufres e moules-frites, os alumnos pontecesinos percorreron as animadas e cosmopolitas rúas e visitaron puntos clave da capital como a Grand Place, as Galeries Royales Saint-Hubert, o barrio europeo, o hemiciclo do Parlamento europeo, a Casa de Europa, o Centro Belga da Banda Deseñada, o Museo do Chocolate, a catedral, etc.

Houbo tamén tempo para a arte, coa visita do Museo de Banksy e a exposición “Histoire de ne pas rire. Le surréalisme en Belgique”, no BOZAR, pero tamén para o lecer, co visionado do filme de animación Mars Express no centenario Cinéma Galéries ou a asistencia ao concerto da cantante siria Lynn Adib na icónica sala de concertos Ancienne Belgique.

IES Eduardo Pondal en Ponteso en Belxica 2

Comentarios