Ponteceso aproba o Plan Plus para pagar a proveedores
Con sete votos a favor e as catro abstencions do PP, o pleno de Ponteceso aprobaba onte o seu Plan POS Plus municipal 2017. Á proposta do tripartito de goberno, este revolucionario Plan da Deputación que outorga moito máis poder de decisión aos Concellos, será investido en Ponteceso, principalmente para o pago de proveedores.
Durante o pleno, o Alcalde defendeu a proposta dacordo co informe de intervención, mentres que o voceiro do PP protestou pola ausencia dunha comisión e pola falta de tempo para estudar o asunto, e entrou nun arduo debate co edil de APIN Pose Verdes sobre diversos asuntos non relacionados co asunto.
As cifras
Así, o Concello de Ponteceso vai adicar máis da metade dos fondos asignados pola Deputación provincial ao pagamento de facturas cos provedores. O total do préstamo provincial será adicado a reducir a débeda bancaria. E a única obra que vai incluir é a parte da Ponte da Garga que nos restaba, 77.000 euros, para licitar a obra de 177.000 euros. Con isto, o cen por cen da obra da Garga vai ser financiado pola Deputación provincial.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).