Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Ponteceso e Corme renovan os seus campos de fútbol

Ponteceso e Corme renovan os seus campos de fútbol
Partidos no Pinguel e no Cairo Partidos no Pinguel e no Cairo O novo céspede do Pinguel e a iluminación do Cairo, xunto coa apertura do ximnasio municipal e o incremento da oferta deportiva, son as principais áreas nas que traballa a concellería de Deportes de Ponteceso, dirixida por Marco Varela de APIN. De cara ao vindeiro curso ampliarase a oferta habitual de actividades con propostas coma tiro con arco. Do mesmo xeito, o concello de Ponteceso está a elaborar un convenio cunha asociación local para ofrecer cursos de kayak as fins de semana ou mesmo organizar rutas polo Anllóns. “Para APIN, a promoción do deporte - sinala o concelleiro Marco Varela -- debe ser prioritaria na acción de goberno, xa que ademais de fomentar hábitos de vida saudables, está demostrado que pode ser un elemento moi importante para a posta en valor dos nosos recursos turísticos e naturais, algúns tan emblemáticos como o noso incomparable río Anllóns”. En canto ás instalacións deportivas, o concello de Ponteceso xa ten elaborado o proxecto para acometer a substitución do céspede actual do Pinguel por un de última xeración, ademais de instalar un novo sistema de rego e de arranxar as gradas, entre outras actuacións. No Cairo instalaremos a tan demandada iluminación, ademais de seguir atendendo as demandas trasladadas pola actual directiva do Corme. Así mesmo, unha vez rematada a primeira fase do ximnasio municipal, desde APIN sinalan que a súa intención é que entre en servizo á maior brevidade. Críticas PP Por outra, continúan as críticas do Partido Popular de Ponteceso en canto ao tema económico. Nesta ocasión, os populares preguntan "de onde saen os ingresos do concello de Ponteceso dende o 2015 ao 2018 para pasar de 4,5 millóns ao histórico presuposto que prepara o triparticdo de máis de oito millóns de euros". Para os representantes do PP a reposta pode estar "na regularización catastral, nos truqiños preelectorais ou no cobro do ICIO do parque eólico de Corme", sinalan os populares. Fonte

Comentarios