Martes. 19.03.2019
El tiempo

Ponteceso institúe o Día do Himno Galego

Ponteceso institúe o Día do Himno Galego
20 de decembro Dia do Himno Galego O 20 de decembro de 1907 tivo lugar no Gran Teatro da Habana a primeira interpretación solemne do Himno Galego. Para conmemorar esa data, o Concello de Ponteceso institúe o "Día do Himno Galego", e faino cun intenso programa de actividades que se desenvolverá do 20 ao 22 deste mes, tras unha moción promovida polo concelleiro nacionalista Carlos Penedo e aprobada por unanimidade. A xornada inaugural abrirá ás 10:00 horas no IES Eduardo Pondal cunha conferencia a cargo do escritor e presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, sobre a simboloxía literaria do Himno Galego. De seguido, se a climatoloxía o permite, 120 alumnos/as do centro desprazaranse ata a Praza do Recheo para participar no acto central do día, que consistirá na lectura dun texto por parte dos/as estudantes e unha ofrenda floral ante a estatua de Eduardo Pondal, situada xunto ao río Anllóns e fronte á casa natal do poeta. O dúo formado por Ana e Clara, veciñas do municipio, será o encargado de poñer música a un emotivo evento que rematará coa interpretación do Himno Galego por parte de todos os asistentes. Xa o venres 21, a partir das 17:30 horas, a Biblioteca Municipal acollerá a celebración dun obradoiro de ilustración a partir de versos do himno, dirixido a nenos e nenas menores de 12 anos. Xa pola noite, será a quenda do público adulto, que poderá desfrutar a partir das 21 horas do monólogo "Por que mo preguntas?", protagonizado polo actor, director e dramaturgo Quico Cadaval, que terá lugar no Edificio das Escolas.Durante a súa actuación tamén fará alusión, en clave de humor, ao Himno Galego entre outras historias, anécdotas e moitas risas.

Mural conmemorativo no Couto

O sábado 22 pola mañá os actos trasladaranse á aldea do Couto, onde se presentará o mural conmemorativo do Día do Himno, elaborado polos artistas carballeses Miguel Anxo Calvo “O Mighelo” e Isabel Fernández na pista que conduce á Casa dos Veciños.
Comentarios