Ponteceso propón un novembro de teatro

07:50 29/10/12

En marcha o XIX Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso, que se celebrará todos os sábado do mes de novembro de 2012 para celebrar os seus 19 anos. Será de novo a Casa dos Veciños do Couto, da A.C. Monte Branco a que acolla as actuacións de grupos de importancia.
Abrirá o ciclo Teatro de Astracán este sábado 3 de novembro. Collerá o relevo o Mago Teto, e para o 17 de novembro haberá cita con Talía Teatro e os seus Pelos na Lingua, e será Malasombra a que peche o ciclo.
O prezo das entradas será de 3 euros.

Novas relacionadas
- Programación continua, receita para encher os auditorios.
- Os Camiños do Mar lévannos a Ponteceso.
- Un Cancioneiro recolle a literatura oral de Cabana.
- Unha cormelá en NY entre as 45 persoas máis influíntes do mundo no sistema da arte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).