Venres. 19.04.2024
El tiempo

Ponteceso salva, in extremis, o seu GES, a pesar do “marrón” laboral

Ponteceso salva, in extremis, o seu GES, a pesar do “marrón” laboral

Ubicacion do Ges de Ponteceso Ubicacion do GES de Ponteceso Tivo que pasar unha rocambolesca votación para que o pleno de Ponteceso aprobase a continuidade do GES. Os votos a favor de 4 edís do PP (2 estaban ausentes) sumáronse ao voto do alcalde Lois Carballido, e do edil nacionalista Carlos Penedo, para aprobar unha moción de urxencia sobre a continuidade do servizo do Grupo de Emerxencias Municipais polo remate do convenio actual a final de ano. APIN e os outros edís do PSOE abstivéronse nunha votación que salva un dos poucos grupos de efectivos deste tipo da comarca, que só conta con tres parques de Bombeiros en Santa Comba, Carballo e Cee, e con outro GES, o de Muros. A polémica chega, igual que en moitos GES de Galicia, en clave laboral. En Ponteceso falamos dunha situación herdada do anterior goberno popular, cando se fixo en 2013 un convenio despois do proceso selectivo. Daquela fixéranlle contratos de obra e servizo ata decembro de 2015 Pero o goberno actual non realizou ningunha modificación, “mantendo aos traballadores nunha situación irregular e incurrindo durante estes tres anos nun fraude de lei”, segundo o PP. O grupo de goberno mantivo varias xuntanzas para analizar o asunto, unha vez que os informes de secretaría e intervención deixan as claras a situación irregular do convenio dos traballadores, pero ao mesmo tempo sendo conscientes de que se agora o concello decide botalos sería moi probable que os traballadores puidesen recorrer e gañar a contenda xudicial por ser despedimentos improcedentes. APIN abstívose na votación porque pedían que houbese dúas votacións, unha para a continuidade do GES e outra para votar a continuidade dos membros do GES, algo que non aceptou o alcalde, porque consideran que o mellor sería manter o GES pero cun novo proceso de persoal, como nos ratifica José Manuel Verdez. A postura do BNG é semellante, como nos explica Carlos Penedo. “A postura do BNG no país é clara: manter do GES nas localizacións actuais. Agora ben, hai que adecualo. O que ten que facer FEGAMP e Xunta é resolver a problemática dunha vez, e que non pasen o marrón aos concellos para cando cheguen a renovación”.

Comentarios