Venres. 26.04.2024
El tiempo

Ponteceso traballa pola tolerancia, a música e a tecnoloxía

Ponteceso traballa pola tolerancia, a música e a tecnoloxía

Varias novidades en materia de servizos sociais no Concello de Ponteceso.

Tolerancia nas aulas

A primeira das actividades que repasamos foi o acto biblotolerancia celebrado a semana pasada na Biblioteca Municipal en Ponteceso. Exposicións sobre tolerancia e representacións das escolas municipais de teatro de Cabana e Ponteceso fixeron posible un rato agradable para nenos e adultos na biblioteca municipal pontecesán, que celebraron así o día internacional da tolerancia.
Finalmente, traballadoras da concellería de cultura serviron un chocolate quente aos asistentes. O acto foi presentado polo Concelleiro de Cultura, Servizos sociais e normalización lingüística, Óscar Rey Calo.

Escola de Pais e Nais

Por outra banda, o Departamento de Educación Familiar (Concellaría de Servizos Sociais) do Concello de Ponteceso organiza a primeira xornada da Escola de Pais e Nais, deste curso. Será o vindeiro 24 de novembro ás 18.00h na Fundación "Eduardo Pondal". Haberá tamén contacontos para as nenas e nenos que se acheguen cos pais, que poderán asistir sen impedimento algún.

Os temas que tratará a escola nesta primeira xornada son:

  • O interese dos contidos: a convivencia entre a cultura xerál e o cotiá.
  • As novas metodoloxías: os proxectos de investigación.
  • As tecnoloxías na educación infantil.
  • O protagonismo do alumnado no proceso educativo.
  • O rol do maestro/a como mediador.
  • O papel das familias e da comunidade.

Día de Santa Icía

Adenaus, o Concello pontecesán vai celebrar o día de Santa Icía na Biblioteca Municipal en Ponteceso.
Unha aventura viaxeira da man de Silvana Martínez e Tamara Lema para festexar na biblioteca municipal de Ponteceso a patroa das persoas que se adican a música. Un percorrido polos pequenos instrumentos de música tradicional que sairán da maleta-baúl da Fundación Eduardo Pondal e que farán a ledicia do alumnado da Escola Infantil de Ponteceso a Galiña Azul, o vindeiro 22 de novembro as 12 horas.

Pontewifi

E por último, o Concello informa que dá por pechada a incidencia que nos deixou sen servizo de internet. A rede xa volve a estar completamente operativa nos seus 22 puntos de acceso.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Ponteceso.

Comentarios