Martes. 22.09.2020
El tiempo

O proxecto artístico #CormePinta enche de vida os muros de Corme

Un dos murais do proxecto Corme Pinta
Un dos murais do proxecto Corme Pinta
O proxecto artístico #CormePinta enche de vida os muros de Corme

Quen ben lle está facendo á Costa da Morte a moda dos graffitis herdada dende a capital de Bergantiños. Hai un mes coñecíamos o proxecto Corme Pinta, que este agosto vén de completar unha fermosa aposta pola humanización das rúas da vila mariñeira pontecesá.

O proxecto artístico e cultural, xa é unha realidade. 5 grises muros fixéronse lenzos para o deleite de todo aquel que queira achegarse por alí, e sobre todo, de toda a veciñanza, que ve con bos ollos as cores que teñen eses murais.

Esta primeira fase (é un proxecto con gañas de seguir embelecendo a vila) comezou repintando cinco murais da parede do edificio da antiga salgadura, no Xardín Vello de Corme-Porto, onde ata agora albiscábanse murais pintados de fai máis de vinte anos atrás. Murais con elementos tan caracteristicos de Corme como o petroglifo da “Pedra dá Serpe”, a vista de Corme desde a Furna do Osmo, o Porto, o Cabo Roncudo e o propio Xardín Vello.

Ademais, os muralistas quixeron inmortalizar a ola xigante “A Tremosa”, o fondo mariño, e a xente do mar, cun marinero contemporáneo e unha redeira atando, este último en proceso de finalización.

Unha das estrellas deste proxecto é o mural dos xa míticos mariñeiros xubiladods que sentan a diario no mesmo banco do xardín, e que Se Sanz e Patricia García Haz retrataron tan ben no mural.

Corme Pinta

Completan o elenco de artistas participantes no proxecto Sol Mariño, Borja Puñal e Aarón García (de apenas 11 anos), e todos quedaron moi satisfeitos co traballo realizado. Para eles “foi difícil pintar na superficie irregular do muro, expostos a diario aos constantes viandantes, pero resultou unha experiencia moi enriquecedora que sempre levarán no recordo”.

Estaban previstas máis actividades culturais, así como a propia inauguración dos murais, pero dada a situación provocada polo COVID-19, tiveron que cancelarse.

De todos os xeitos, o domingo día 30 de agosto, sortearase unha cesta de marisco e viño ás 14:00 horas na Taberna Folk Pedra dá Serpe (Corme-Porto), cuxo número ganador difundirase na páxina de Facebook de Corme PintaFacebook de Corme Pinta, pechando así o mencionado ciclo cultural e artístico.

A organización quere agradecer a colaboración de todos os que fixeron posible este proxecto e espera seguir facendo vila nun futuro non lonxano.

Novas relacionadas

comentarios