Venres. 27.11.2020
El tiempo

O Punto Limpo de Tella amplía o seu horario ante a avalancha de rehabilitacións de segundas vivendas

O Punto Limpo de Tella amplía o seu horario ante a avalancha de rehabilitacións de segundas vivendas

Asegura o Concello de Ponteceso que o Punto Limpo de Ponteceso, situado no Polígono Industrial de Tella, está tendo máis traballo que nunca, gracias ao aumento de rehabilitacións de segundas vivendas na comarca. De feito, chegou a saturarse o servizo de recollida de voluminosos, e a empresa Coregal estaba dando cita para xaneiro para librar de mobles e enseres vellos.

Por este crecemento da actividade, o Punto Limpo, que dá servizo á veciñanza de Ponteceso, pero tamén de Cabana, Laxe e Malpica, amplía o seu horario e reforza a recollida a domicilio (sen especificar demasiado o aumento).
O horario é de luns a sábado de 10.00 a 13.00 horas. Xoves e venres tamén pola tarde, de 15.00 a 18.00 horas. O teléfono para pedir a recollida é o 981 718 253, e funciona de 08.00 a 15.00 horas, de luns a venres.

Os particulares poden acudir depositar enseres en pequenas cantidades. Recolleranse: Mobles, colchóns, electrodomésticos, restos metálicos do fogar e residuos que non se poidan depositar nos colectores da rúa, por mor do seu tamaño ou do nivel de contaminación.
Iso si, as empresas deben ter os seus propios servizos de residuos, tal como recolle a lei galega.

comentarios