Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Supremo ratitica a inclusión da Fonte e o Lavadoiro de Canasteves no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia

Fonte de canasteves
Fonte de canasteves
O Supremo ratitica a inclusión da Fonte e o Lavadoiro de Canasteves no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia

As xentes de Tella e a Trabe segue indo cada día a buscar a auga á fonte de Canasteves, allea á batalla legal que vive un veciño ca familia propietaria. Porque o fermoso espazo da fonte e o lavadoiro de Canasteves segue a estar aberto á veciñanza a pesar de estar nunha finca privada.

En todo caso, o seu mantemento está asegurado, unha vez que que o Tribunal Supremo vén de emitir unha Resolución na que acordaba a inadmisión a trámite do Recurso de Casación contra a Sentenza do Tribunal Superior de Galicia (TSXG) na que se convalidaba a inclusión do conxunto no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia.

O fallo do TS, que ratifica un acordo plenario de 1986 que o declara de dominio público e unha sentenza emitida en 1987 polo Xulgado de primeira instancia de Carballo, ademais doutra sentenza do TSXG emitida en 2020 e 2022, motiva a legalidade da decisión de Patrimonio en que se trata de bens comunais con valor etnolóxico e que pola sua antigüidade de máis de 100 anos son de carácter histórico.

Máis novas

Comentarios