V de vitoria para o V de Valarés
21:23 14/08/16
[fbvideo link="https://www.facebook.com/VdeValares/videos/1508058395876785/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Durante toda a pasada fin de semana os taxis non daban feito. Os hoteles completos. E restaurantes e casas de comidas a rebentar. Xa fose en Ponteceso, Cabana, Corme, Laxe... ben se deixaron notar os máis de 3.000 mozos que elixiron a Costa da Morte para desfrutar da ponte da Asunción. O motivo? Unha nova edición, a décima, do festival de música V de Valarés.
O festival de música indie, ou rock/pop e dance alternativo, celebrou a súa edición máis ambiciosa. Tres xornadas completas repletas de actividades no que as bandas galegas máis emerxentes (Emilio José, Ataque Escampe, Novedades Carmiña, Edu Calvario y Los Martires del Camposanto...) compartiron escenario con nomes asentados do resto do estado (Belako, Delorean, La M.O.D.A...) e grandes bandas internacionais (Bellrais, Kula Shaker).
O festival xoga con vantaxe, a praia e o piñeiral de Balarés (oficialmente aínda ponse con b) acollen os mozos que preferiron ficar nas tendas de campaña. E os escenarios ofrecen unhas vistas inmellorables. Unha experiencia de ocio que o festival promove e fomenta, fuxindo das masificacións doutros eventos, asegurando a comodidade dos seus visitantes. Cafetería, zona chill-out, mesas e sillas á beira da praia, os merendeiros do piñeiral, os modernos e variados foodtracks e outras actividades diarias como o padel surf, en colaboracion con empresas da comarca como Art Surf Camp.
A salientar un espirito de familiaridade do festival, no que é ben doado compartir as tres xornadas coas bandas e artistas. Larga vida o V de Valarés! A por outras 10 edicións máis!
A crónica musical
Egom Soda no V de Valarés
O venres Bellrais deixaron soar as súas guirarras como lapas feroces e violentas que arrasanan con todo o que tiñan por diante. Unha violencia saturada de distorion. Un rock veloz, malorado ma que a voz da sua vocalista, Lisa Kekaula, enchía de alma soul. Un contapunto efectista que endulzaba en parte o seu traca-traca machacón. A rapazada agradeceu o parón. Foron directos as barras a sentar nos bancos ou as baños. Todo o mundo quería estar listo para unha das bandas máis esperadas da xornada. Os vascos Delorean, aclamadísima banda que viña presenarndo o seu último LP cun foco máis electrónico. Comenzaron xogando cos sintes nunha proposta máis íntima, case minimal, menos onírica, máis trance. Eles montaron o seu autobús, fortes atrás cun baixos golosos cos que subiron aos poucos o público. Chegados ao final, puxeron a directa. A directa as potagonizan as de sempre, as guitarras para o deleite dos seus pasaxeiros. Unha viaxe a unha terra se felicidade onde as luces bailaban cos coros, aaahs e ooohs dos que daquela xa coreaban temas como ‘Real Love’, ‘Grow’ ou ‘Seasun’.
Delorean no V de Valarés 16
Pecharía a noite Aldo Acosta, um dos artistas fetiches do festival, quen xa visitara o V de Valarés coa súa banda principal Fuel Fandango. Desta vez o tempo respetoulle no como naquel diluvio de 2012 . A xente entregada o seu popurri de tecno, dance e disco. Unha técnica sobria, ben ecualizada no que repasou o máis simpáticos dos últimos 20 anos (si! Michael Jackson!)
A xornada do sábado comenzaba moi forte sende a primeira hora coa presencia de dúas das bandas máis interesantes do panorama galego. Música de raices ultralocais, o pop folk acustico de Ataque Escampe no Tropicalismo caleidoscópico de namorado de Brasil de Emilio José.
A noite foi a das bandas máis consolidadas do Indie mesetario. Nudo Zurdo, Egom Soda e Neuma amosaron o seu repertorio pop. Shows traballados, con distinto éxito nos que foi doado recoñecer os temas máis populares nas playlist de internet.
Kula Shaker no V de Valarés
A noite quedou disposta para o pop británico de influencias indias de Kula Shaker, que despois de 10 anos detrás deles, conseguiuse traelos á Costa da Morte. A banda viña presentando o disco recopilatorio co que repasan o mellor da aúa extensa carreira. Unha selección que fixo as delicias dos máis fanáticos, e mallores, son máis de 20 anos de oficio. Citas como "Grateful When You're Dead/Jerry Was There", "Hey Dude" ou "Hush". Presencia, acirude bo facer e incienso. Moito incienso.
Kula Shaker no V de Valares 2016
E saltou a sorpresa da noite. Saltou e saltou. Movía a cabeza e berraba. Aporreaba o seu baixo enfureciada. Brillante Lore Billaveitia. Ao se carón os seus tres compañeiros que formam Belako, Josu Ximun, Lander Zalakain e Cris Lizarraga. Menudo espectáculo! Rock vigoroso para a pista se baile de euskasi. O mellor dos pequenos eventos deste tipo é ter a oportunidade de presenciar o despuntar das bandas do futuro. E Belako conquistaron ás e ós asistentes que os despediron ovacionados e pedindo bises, ao que eles respondían encantado: "La ostia, lo bien que se está aquí, joder". O foso non se cansou de saltar e menear ao seu ritmo bailogo. Tamén tocoulles acarrear ao guitarrista desatado cando se lanzou o foso a compartir a emoción do público. Unha comunión perfecta, que deixou unha das imaxes do festival. Lembrádevos do nome. Que estes van en serio. Ya entradas as tres da moite, Ocho y Medio DJ adicouse a repasar o máis famoso do indie a golpe de Deluxe, Dorian, e italodisco para gusto dos máis golfos.
Belako no V de Valarés-Foto-Javier Rosa
Malandrómeda no V de Valarés
O domingo comezaba despois no máxico escenario do piñeiral a golpe de hip hop ghallegho. Menudo espectáculo o de Malandrómeda, menuda enerxía de Hevi e Caldeirada, que obrigaron aos asistentes a saltar aínda co xantar no bandullo. Difícil papeleta, ben solventada, a de continuar coa música no piñeiral. Os coruñeses Edu Calvario y Los Mártires del Camposanto deixaton ben patente o sentir dunhas letras crúas e descarnadas, a súa defensa aférrima da melodíqe un sentir tejano. Puro austin. A banda curtida en mil batallas soaba sólida, compacta e exquisita nos arreglos. Los Bengala foron a gran referencia da tarde musical dominical coa súa vertixinosa aposta.
Edu Calvario y Los Martires del Camposanto en V de Valares
Quedaba outra noite de música no escenario principal con León Benavente ou Novedades Carminha, pero iso xa terán que contalo outros.
Máis información
Novas relacionadas
- Valarés 2016: O entorno, o cabeza de cartel do Festival V de Valarés.
- Valarés 2016: A música independiente e a natureza fusiónanse no V de Valarés:
- Valarés 2015: 2.800 almas desafían o orballo e danzan en Valarés.
- VdeValares 2014: Un gran Festival VdeValarés pon Ponteceso no panorama indie internacional.
- VdeValarés 2013: A música fundiuse ca natureza en Valarés e Fisterra.
- VdeValarés 2012: A chuvia empapou a música.
- VdeValarés 2010: As guitarras tomaron Valarés.
- Entrevista con Adrián Varela: “Non cremos o suficiente na nosa zona.
- Entrevista con Adrián VdeValarés: “Poñemos un lugar de 3 casas no panorama musical nacional”.
Fonte
- Blas de Curtis para QPC ([email protected]).