Recunchos da Costa: As dunas da Barra

Como unha viaxe ao deserto é a excursión para ver a praia da Barra, en Ponteceso. Situada no privilexiado espazo natural do Esteiro do Anllóns (tamén coñecida como enseada da Insua), e despois de percorrer un par de quilómetros dende a zona na que hai que deixar o coche, cando pensas que estás chegando á praia, tópaste cunha zona dunar absolutamente paradisíaca.
O espazo ten uns 2 km de lonxitude e uns 400 metros de anchura media, separando o Monte Branco da desembocadura do río Anllóns, e por momentos, consegues perderte entre as dunas. As ovellas de que viven na zona danlle un toque aínda máis peculiar ao espazo.
Na marxe litoral das dunas hai un espazo que se chama a Illa dos Cagallóns que ten unha importancia ornitolóxica mundial, e que pasa por ser un dos lugares favoritos de avistamento de aves dun dos máis importántes ornitólogos do estado, o cabanés José Luís Rabuñal Patiño. De feito, o miradoiro que hai instalado na zona leva o seu nome.

Polo lugar pasa o Camiño dos Faros. Hai ademais un paseo de madeira polo esteiro que chega ata Ponteceso.

Como chegar
Dende o lugar do Couto hai que coller un desvío á dereita xusto despois dunha especie de escenario pintado que hai a carón da estrada que sobe cara a rotonda de Balarés. Atravesas o lugar e embaixo hai que deixar o coche e andar un par de quilómetros ata atopar a zona dunar, e despois a praia da Barra.
MÁIS RECUNCHOS DA COSTA
- A Torre do Faro de Brantuas.
- A aldea medieval de Riobó.
- Cabo C ou Cabo Cee
- A Fervenza de Castriz.
- A praia de Niñóns.
- Praia de Gures.
- Os Secadoiros de Congro de Muxía.
- Praia de Arnado.
- A ruta dos Muíños do Río Negro.
- Praia de Soesto.
- Praia de Beo.
- O miradoiro do Monte Perrol e a súa mámoa.
- A Ponte de Brandomil.
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.