Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Semana Cultural de Brantuas comezou con regueifa e presentación do libro de Gabriel Varela Pose

Comezou a Semana Cultural de Brantuas
Comezou a Semana Cultural de Brantuas
A Semana Cultural de Brantuas comezou con regueifa e presentación do libro de Gabriel Varela Pose

Xa está en marcha unha nova edición da Semana Cultural de Brantuas e Niñóns, organizada pola Asociación Cultural Nosa Señora do Faro coa colaboración do Concello de Ponteceso, a Deputación Provincial da Coruña e a Fundación Eduardo Pondal.

Este domingo, a Casa dos Veciños enchíase para ver a presentación libro “Do gran á palla”, de Gabriel Varela Pose. Natural de Brantuas, Gabriel recolle historias de toda a vida, do seu mar e do seu campo. De feito, o libro todo o proceso do millo, dende a sementeira ata mallalo.

Xose Manuel Varela e Gabriel Pose Varela en Brantuas

A xornada incluíu ademais a actuación da banda de Gaitas Maruxía de Laxe, e coa intervención estelar dos regueifeiros Suso de Xornes e Lupe Nieto, que estiveron acompados de Antonio de Xornes. Fixeron as delicias e as risas de todos os asistentes.

Lupe Nieto e Antonio de Xornes en Brantuas
Lupe Nieto con Antonio de Xornes

Semana completa

A semana continúa con actividades todos os días ata mesmo sábado, cando os Farrapos de Cesullas pechen a programación. Antes haberá un pouco de todo: o luns exposición de fotos e pase de vídeos de edicións anteriores; martes actuación das pandereteiras Súa Cerca; mércores risas co humorista Caxoto e o Grupo My Way; xoves coral de San Martiño; venres o grupo de acordeonistas de Jesús Couto, e o sábado a citada actuación dos Farrapos.

Todo, ás 21:00h, despois da misa, na Casa dos Veciños.

semana cultural brantuas

Comentarios