Luns. 11.11.2019
El tiempo

Suso Lista atopa novos petroglifos: “Corme é o puto centro dos petroglifos oceánicos”

Novos petroglifos atopados nas Forcadas-Corme por Suso Lista
Novos petroglifos atopados nas Forcadas-Corme por Suso Lista
Suso Lista atopa novos petroglifos: “Corme é o puto centro dos petroglifos oceánicos”

A Campaíña, A Regadiña, Bustelo, a Feiteira-Meixoeiro… Son algunhas das zonas de Corme onde os petroglifos son os protagonistas. E as que quedan por descubrir. Así o sinala Suso Lista, un dos grandes descubridores destes tesouros arqueolóxicos, que colocan a “Corme no puto centro dos petroglifos oceánicos”, como el mesmo destaca.

”Temos cousas marabillosas nesta terra, e o que ten que quedar aínda por aí abaixo”, apunta. “Non creo que haia moitos sitios no mundo, onde haia tantos petroglifos en zonas onde se ve directamente o mar”, apunta fachendoso.

A pasada semana facía un novo achádego. Paseando pola estrelada noite cormelá, como adoita facer con frecuencia, atopou novas escrituras na zona das Forcadas.

Son varias estacións moi localizadas e profusas, completas e variadas. Hai unhas 20 cazoliñas, pero tamén hai outros catro gravados con forma de escaleiras (que para Suso son barcos); outros tres círculos e varias cruces pero que rematan en cóbados, moi curiosas. Mesmo atopou un grupo de gravados similares en factura aos da Fieiteira, a apenas uns a 800 metros destes xa catalogados.

Novos petroglifos atopados nas Forcadas-Corme por Suso Lista 2

Un tesouro ou un sufrimento para os propietarios dos terreos

”Temos un tesouro e temos que concienciar aos propietarios de que en realidade o teñen”, comenta. “Pero é certo que necesitamos que os propietarios teñan algún beneficio por estas catalogacións. Considero que os Concellos van que traballar propostas, como a posibilidade de abaratar a factura eléctrica aos que teñan esta clase de elementos patrimoniais nos seus terreos”, propón.

Suso Lista cos arqueologos da Asociacion A Rula
Suso Lista ensinoulle os petroglifos cos arqueólogos da Asociación A Rula

Novas relacionadas

Comentarios