Todos fomos o neno labrego de Neira Vilas


A partir deste domingo 31 de xaneiro, o Centro Cultural de Ponteceso chámase Centro Cultural Neira Vilas. É a pequena homenaxe que quere render o Concello de Ponteceso ao mítico escritor pontvedrés, para sempre na memoria da vila de Pondal todo o que fixo pola Costa da Morte.

Foi un día tremendamente emotivo en Ponteceso, na que se descubriu a placa de homenaxe no Centro. O alcalde da vila, o Presidente da Fundación Neira Vilas e Luís Guiadás como membro da Fundación Eduardo Pondal fixeron de mestres de cerimonias, pero non cabía un alfinete. Maiores (numerosos poetas e escritores da zona e autoridades estiveron presentes), e moitos, moitos balbinos, disfrutaron dunha festa de letras e notas, pois houbo moita poesía e moita música no evento.
Todos lembraron ese pequeo neno labrego que todos fomos, que todos mamamos.

Novas relacionadas
- Ángel Carracedo, Margarita Ledo, Siro López e Guadi Galego, os Bos e Xenerosos da FEP.
- Neira Vilas recolle a semente que deixaron 5 costeiros en América.
- Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).