Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Trabe queda sen festas: “Por mis huevos non hai Pilarica”

Asi estan as festas da Pilarica mesmo un dia de chuvia antes da pandemia
Imaxe dunhas festas da Pilarica un día de chuvia antes da pandemia
A Trabe queda sen festas: “Por mis huevos non hai Pilarica”

Que ata as festas sexan motivo de polémica, é unha boa medida do despropósito no que convertirse un concello gobernado a golpe de autoridade e redes sociais. As Festas da Pilarica da Trabe topáronse este ano coa negativa dun alcalde que “por mis huevos” (como lle espetaba a varios veciñ@s) consegue deixar sen festa a todo un concello.

Así o denuncian os dous veciños promotores da festa este ano. Dous veciños do Concello que, tras falar coa Comisión de toda a vida, intentaron manter viva a festa, pero que se toparon cunha negativa municipal que só se explicaría polas “rifas persoais” do alcalde cun dos promotores.

Hai dúas semanas o Concello recibía dúas solicitudes para facer a festa, pero emitía sendos requerimentos motivados, asinados polo alcalde Lois Carballido, denegándoas pola falta de certa documentación. Un dos grupos promotores desistía pero o outro presentaba todos os documentos esixidos.
No canto de facilitar a festa, o concello vén de emitir hoxe (o mesmo día da festa) un novo requerimento motivado (este asinado por un funcionario e un arquitecto externo) denegando a celebración da festa, co argumento de que hai dúas solicitudes ao mesmo tempo, a pesar de que unha das dúas solicitudes debería entenderse como que xa renunciara.

Os promoteres lamentan “as trabas, xa non só burocráticas, senón que tamén con prácticas mafiosas como son as ameazas, coaccións e campaña de desprestixio na rúa” levadas a cabo polo rexedor. Aseguran que o alcalde trasladou a veciños e a empresas contratadas expresións como "son o alcalde de Ponteceso e a praza e miña", "teño un as na manga", "por mis huevos que non hai Pilarica" etc.

A realidade é que a veciñanza de Ponteceso queda sen unha das festas máis arraigadas, gracias ao empeño do seu alcalde.

Novas relacionadas

Comentarios