![Presentacion do video Gallego de Carlos Blanco Fadol]()
Presentación do vídeo Gallego de Carlos Blanco Fadol en Brantuas
Este pasado domingo 30 de decembro, o local da Asociación Cultural Nosa Sra do Faro, acollía unha presentación moi especial. O músico uruguaio Carlos Blanco Fadol acodía ás súas raíces para presentar o seu novo vídeo-clip, “Gallego”. Fadol é neto dun emigrante saído de Brantuas, e o tema foi composto en lembranza do seu avó Manuel. Tanto os espazos da gravación coma os seus protagonistas son todos da entorna de Brantuas.
Carlos Blanco Fadol, amais de cantautor e musicólogo, posúe unha colección de instrumentos musicais “étnicos”, considerada a máis grande do mundo no
Museo de Música Étnica de Murcia. Blanco Fadol é todo un persoeiro recoñecido no seu país, e mesmo foi candidato en 2006 e 2009 aos Premios Príncipe de Asturias das Artes.
No vídeo aparece como gaiteiro Luciano Pérez Día, e aparecen Josefa Blanco Lema (esposa do emigrante), Gabriel Amado Rego (o avó), Martín Martínez Riobo (o neto) e Eduardo Rabuñal (as pernas do emigrante).
Fadol, que estivo arroupado na presentación por Xosé Manuel Varela.