Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Un Curso de Contacontos en Ponteceso

Un Curso de Contacontos en Ponteceso
Bea Campos é unha contacontos galega

Non cabe dúbida que contar historias é unha arte. A nivel profesional como a nivel particular, para que os teus fillos queden durmidos cunha fermosa historia narrada polo seus pais. Para iso hai que aprender as técnicas máis efectivas na arte de contar historias, e dende A Tenda dos Libros vannos ensinar a facelo a través do xogo e da relaxación.

Os vindeiros 20, 21, 27 e 28 de febreiro desenvolverase na libraría A Tenda dos Libros en Ponteceso un curso de contacontos para perdoas adultas.

Por unha banda elaborarase unha clasificación dos libros infantís e xuvenís atendendo a súa clasificación por idades, a súa temática e ao seu formato.
Tamén se abordarán pautas sobre como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público.
Prestaráselle unha especial atención a recuperación e á posta en valor da tradición oral e do cancionero popular.

Máis información e inscrición

As persoas interesadas poden inscribirse directamente na libraría A Tenda dos Libros, no teléfono 981 714 772 ou no enderezo de correo electrónico [email protected].

Novs relacionadas

Fonte

Comentarios