Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As rúas da Costa da Morte que teñen nome de periodista

As rúas da Costa da Morte que teñen nome de periodista
Libro sobre os Periodistas nas ruas da Costa da Morte. Calles y Plazas con Historia. Periodistas en los callejeros de Bergantiños, Soneira, Fisterra, Xallas y Muros Manuel González, Presidente da Asociacion de Prensa de A Coruña

Eduardo Blanco Amor, Ramón María del Valle-Inclán, Celso Emilio Ferreiro, Castelao, Camilo José Cela, Enrique Labarta Pose, Cunqueiro, López Abente, Emilia Pardo Bazán, Urbano Lugrís González, Antón Zapata García, Manuel Murguía, Vicente Risco... son algúns dos nomes que podemos ver nos rueiros das nosas vilas. Figuras periodísticas que acabaron sendo verdadeiros persoeiros de interese e os Concellos da nosa bisbarra así coma de todo o país acabáronlle poñéndolle os seus nomes a algunha rúa.

Pois estes nomes, e moitos máis, están recollidos nun libro presentando onte en Cee (curioso que sexa na vila na que varias das rúas teñen nome de letra... non haberá xente á quen adicarllas...). “Calles y Plazas con Historia. Periodistas en los callejeros de Bergantiños, Soneira, Fisterra, Xallas y Muros”, editado pola Asociación da Prensa da Coruña, coa colaboración económica da Deputación, sirve de recompilación das rúas e prazas que levan nomes de xornalistas ou escritores, e que xa pasou polas cidades de Santiago, A Coruña e Ferrol e pola comarca das Mariñas coruñesas.

O presidente da entidade Manuel González estivo acompañado pola alcaldesa Zaira Rodríguez e o presidente da Deputación Diego Calvo, así como varios alcaldes da comarca e xornalistas da asociación, e mesmo familiares dalgúns dos xornalistas retratados no libro.

O obxectivo desta “pequena enciclopedia” é recuperar a memoria dos xornalistas e escritores que teñen rúas dedicadas a través de biografías escritas por compañeiros de profesión. Un xeito de recuperar a memoria das vilas a través dos nomes, como fixeramos a través da proposta da Elección Histórica da Costa da Morte.

Alcaldes da bisbarra escoltaron a presentación do libro sobre periodistas nas rúas e prazas da Costa da Morte

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios