Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha comisión de afectados intermedia na solución das inundacións en Ponteceso

Unha comisión de afectados intermedia na solución das inundacións en Ponteceso
Enchentes do 31 de marzo no rio Anllons ao seu paso por Ponteceso. Imaxe Socialistas Ponteceso Enchentes do 31 de marzo no río Anllóns ao seu paso por Ponteceso. Imaxe: Socialistas Ponteceso O pasado martes, a comisión de persoas afectadas polas inundacións en Ponteceso - creada a finais do mes de febreiro - mantivo unha reunión co alcalde, Xosé Lois García Carballido. Alfonso Romar Castiñeira, Ramón González Gómez, Xulia Ures Villar e Miguel Cousillas Regueira, son os veciños que representaron ao resto dos afectados. Durante a reunión valorouse a posibilidade de legalizar a comisión a través dunha asociación de veciños - xa que non existe ningunha na vila - co fin de apoiar todo tipo de iniciativas por parte do concello e de traballar paralelamente e procurar que non decaian as accións referidas a procura da solución do problema das inundacións. O alcalde explicou todas posibilidades plantexadas no pleno do luns e indicou que estaban solicitadas todo tipo de accións aos organismo competentes, dende a limpeza dos cauces do río ate outro tipo de posibilidades que conlevarían un orzamento importante e incluso algunha delas precisaría de expropiación de terreos. Os membros da comisión fixeron especial fincapé nos medios que poderían estar ao alcance do concello; tales como a limpeza dos cauces do río - principalmente ao o seu paso pola vila xa que é donde se desborda e provoca os maiores danos - e na recuperación de antigos canles, incluso se valorou a posibilidade de recuperar un pequeno canal-río dende a Bouza ate o Couto. Para iso a comisión de afectados acompañará aos técnicos co fin de recuperar o roteiro. Durante a reunión entre a comisión de afectados e o alcalde, comentouse que antigamente se facía unha limpeza dos cauces do río pagada por un terranente do pobo, que dita campaña duraba tres meses aproximadamente, e que se levaba a cabo con sachos. Polo tanto, é probable que se estude de novo esa posibilidade dado que coa maquinaria que existe hoxe en día, esa limpeza levaría moito menos tempo e ver se o concello podería afrontar o custe ou sería oportuno solicitalo noutros organismos públicos. Enxeñeiros de Camiños A comisión de afectados reiterou a súa intención de manter unha reunión co Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia co fin de propoñer como traballo de fin de carreira o estudo das inundacións de Ponteceso. Ademais, está previsto manter unha entrevista con representantes de Augas de Galicia. O concello invitou aos membros da Comisión de Afectados polas inundacións a asistir ás reunións que estén relacionadas co tema quedando pendentes dun estudo técnico. Por outra parte, un perito do Consorcio de Compensación de Seguros visitou onte uns quince inmobles de Ponteceso co fin de tomar nota dos danos producidos polas inundacións quedando pendente unha segunda visita para poder valorar o resto dos edificos afectados. Segundo indican dende a comisión de afectados, o Consorcio ten noventa días para atender as reclamacións e corenta días hábiles para resolver dende a visita do perito. Novas relacionadas Fonte

Comentarios