Unha muller falece nun atropelo en Ponteceso
14:34 22/07/16
Unha muller de avanzada idade, da parroquia de Tallo, morreu atropelada esta mañá en Ponteceso. Un vehículo arrolouna nas inmediacións dun centro cultural situado na Avenida de Carballo. Unha persoa particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia minutos despois das 9:30 horas de hoxe. Os médicos do PAC acodían de contado pero non puideron reanimala vítima, que falecía no mesmo lugar no que se produciu o atropelo.
Ao lugar acodiron Urxencias Médicas, dos Bombeiros de Carballo e do GES de Ponteceso. Tamén se deu aviso á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.
Accidentes 2016
- Un motorista ferido de gravidade tras un accidente cun autobús escolar en Laxe.
- Aparatoso accidente entre Vimianzo e Camariñas.
- Stop Accidentes: “No 90% dos casos o conductor é o único responsable do seu comportamento”.
- 12-05-16: Unha persoa excarcelada tras un forte accidente en Ameixenda:
- 18-04-16: Unha ferida nun accidente de tráfico en Bustelo.
- Días de accidentes polas estradas da bisbarra
- 22-03-16: Excarcelan unha persoa tras un accidente en Camariñas.
- 11-03-16: Un ferido nun accidente de moto en Fornelos, en Zas.
- 29-02-16: Nova fin de semana de accidentes.
- 24-02-16: Un ferido tras un accidente en Berdeogas.
- 15-02-16: Un novo falecido nas estradas costeiras ao ser arrollado en moto por un camión
- 13-02-16: Falece un mozo de 19 anos ao caer o seu coche a un río en Carballo.
- 11-02-16: 6 persoas resultaron feridas en senllos accidentes rexistrados en Dumbría, Malpica e Paxareiras.
- 11-02-16: Falece un home nun novo atropelo en Rus.
- 10-02-16: Varios feridos en dous atropelos en Cee e Baio.
- 10-02-16: Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión.
- 08-02-16: Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).