Venres. 29.03.2024
El tiempo

A veciñanza elabora unha bandeira colaborativa para vestir o MACCMO

Fachada do Museo MACCMO
Fachada do MACCMO
A veciñanza elabora unha bandeira colaborativa para vestir o MACCMO

Fermosa iniciativa promovida polo activo Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte. O MACCMO invita a toda a veciñanza a formar parte do proceso de creación dunha bandeirola ou cartel que vista a fachada do museo.
A temática da obra é libre agás temas publicitarios, políticos, obscenos, ofensivos ou calquera outro que poida ferir a sensibilidade non se incluirán para a obra final. Tamén terá cabida todo tipo e estilo artístico, que quedará na elección dos participantes como acrílico, pintura industria, fotografía, colage, pódese coser, pegar, usar rotuladores permanentes ou en forma de cómic ou debuxos.

As persoas que desexen participar na confección do “traxe” do MACCMO poderán recoller o soporte no que realizarán a súa obra, unha lona de 35/35 cm, dende este martes día 3 de agosto ata o día 10 de agosto e entregaranse no museo como data límite o 15 de agosto.
Unha vez recollidas todas as obras artísticas xuntaranse para crear o mosaico que vestirá o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte. Unha vez confeccionado, publicaranse os nomes das persoas participantes.

Conferencias

Nuria Ribo en Corme
Nuria Ribó

E mentres, non para a entidade de organizar eventos. Este pasado mércores pola tarde tiveron aforo completo na conferencia da periodista Nuria Ribó, que estivo elocuente, amena, divertida e moi cercana presentando o seu libro “Made in USA, cuando as minorías tocan el poder”.

Sen tempo a descansar, a entidade acolleu tamén este venres 6 de agosto, a charla sobre a obra de teatro de Arantxa de Juan “Unha muller perigosa” que mostra unha parte da vida da actriz Anna Magnani.

Novas relacionadas

Comentarios