Martes. 11.05.2021
El tiempo

A mocidade de Ponteceso lamenta a falta de interese dos grupos políticos polo consenso

Respresentantes de Somos mais de Ponteceso que Pondal na deputacion
Dous membros da Asociación Somos máis de Ponteceso que Pondal
A mocidade de Ponteceso lamenta a falta de interese dos grupos políticos polo consenso

Ca moción de censura en cernes, a mocidade pontecesá que forma parte da Asociación Somos Máis de Ponteceso que Pondal está intentando mediar no circo político que ten a vila. E pensaron que a poderían facer algo para chegar a un acordo entre todas as partes e intentar evitar a dramática perda do POS, por exemplo, xa que nun primeiro momento todos os grupos aceptaron unha reunión conxunta. Pero a realidade acaba de darlles a primeira labazada.

A reunión, convocada para onte, quedou suspendida pola “resposta negativa á proposta dunha reunión conxunta por parte dalgún deles”.

”Malia non poder levar a cabo esta reunión, dende a nosa plataforma queremos denunciar unha vez máis a situación insostible que temos no noso concello, na que as distintas partes son incapaces de sentarse na mesma mesa para intentar revertir esta situación, e facer política para a nosa vila. Feito que queda demostrado co rexeitamentrexeitamento desta iniciativa, a cal entendemos como un paso atrás no noso fin: Buscar unha solución o problema administrativo do concello”, explican.

”Entendemos as discrepancias que poidan existir entre goberno e oposición, tanto a nivel político como na propia xestión do concello. Mais sorpréndenos a falta de interese para poder chegar a consensos e demostras esa predisposición da que presumen ter nunha xuntanza con nós. Desafortunadamente, decisións e feitos como estes demostran unha falta de interese enorme por parte dos nosos representantes para defender os intereses da xente da nosa vila de forma axeitada”.

A súa intencion agora é celebrar unha reunión coa veciñanza, para escoitar o sentir da xente, invitando a participar na entidade (poden contactar con [email protected]).

Novas relacionadas

comentarios