Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Secretaria non admite a trámite a moción de censura de Ponteceso, que terá que pasar ao Xulgado

O oposicion presentando a mocion de censura en Ponteceso
O oposición presentando a moción de censura este pasado sábado
A Secretaria non admite a trámite a moción de censura de Ponteceso, que terá que pasar ao Xulgado

Nin unha hora necesitou a Secretaria Municipal do Concello de Ponteceso para botar abaixo a moción de censura presentada por toda a oposición. A primeira hora presentábanse os edís norexistro municipal coa moción, pero a Scretaria non lle dá paso ao pleno asegurando que non cumple o artigo 197.A da Ley Orgánica 5/1985, que sinala que: “No caso de que algún dos proponentes da moción de censura formase ou forme parte do grupo político municipal ao que pertence o Alcalde cuxa censura propoñer, a maioría esixida no párrafo anterior verase incrementada no mesmo número de concelleiros que se atopen en tales circunstancias”.

A Secretaria non quixo escoitar as peticións específicas deste caso e obriga aos Concelleiros da oposición (os 5 edís non adscritos ex do PSOE; os 3 de APIN e os 2 do PP) as acodir á Xustiza. "Imos seguir loitando polos veciños, imos ir ao Xulgado, porque está claro que este señor non pode seguir así", coméntanos a candidata Raquel Fondo.

Unha situación que paraliza o procedemento, entrando xa en tempos xudiciais, con 2 anos de lexislatura por diante. A chave será se a Xustiza considera ou non "tránsfugas" aos edís expulsados do PSOE.

Mentres, seguen pendentes da reunión coa Deputación para ver se sae adiante o POS.

Declaración do Alcalde de Ponteceso

O alcalde Lois Carballido emitía este mediodía de luns unha declaración na que fai "un chamamento á cordura da corporación municipal de Ponteceso. Como Alcalde, estou dedicado todos os días ao progreso do noso Concello, nun momento moi complicado para a saúde e a economía da nosa xente. Pido aos e ás asinantes da moción de censura que desistan no seu intento de suplantar a vontade dos electores expresada nas urnas. Cando cheguen as próximas eleccións, poderán presentarse e o electorado falará. Ata entón, temos que chegar a acordos que favorezan os intereses dos veciños e veciñas de Ponteceso. A miña porta continúa, sempre, aberta".

Novas relacionadas

Comentarios